Club de ciencia

O noso centro participa no programa de innovación educativa “Club de ciencia” dende o curso 2022/2023.

Actualmente hai profesorado de diversas disciplinas de coñecemento, o cal permite ofertar unha ampla variedade de actividades de actividades para alimentar a diversidade de inquedanzas e curiosidades do alumnado.

No presente curso contamos coa participación de mais de 60 alumnos e alumnas de 1º a 4º da ESO, que realizaron experiencias relacionadas coas seguintes liñas de traballo:

  • Horto escolar.
  • Laboratorio.
  • Reciclaxe.
  • Mate-máxia e robótica.

Enlaces:

Instagram

Blog

  • Horto ecolóxico

    Horto ecolóxico

    Unha das nosas liñas de traballo é a de horto escolar. Nela comezamos deseñando o horto e acondicionando o espazo, logo montamos os composteiros e bancais necesarios para comezar a plantar e, agora que empezamos a recoller as primeiras colleitas, deunos por facer un estanque. Como vedes, a cabeza non para!

Scroll ao inicio